Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Importación
Ayudarte a traspasar fronteras
Importación de envíos postais con mercadorías

Todos os envíos que entran por Correos en España están suxeitos a control por parte da alfándega, sempre que conteñan MERCADORÍA. Pola contra, os envíos postais están dispensados de control por parte da alfándega, sempre que conteñan DOCUMENTOS ou se traten de mensaxes persoais e actuais remitidas entre persoas.

Se estás a esperar un envío internacional ou dalgún territorio especial, ten en conta que todas as  mercadorías, mesmo as compradas por Internet, poden estar suxeitas a restricións e ao pagamento de importes aduaneiros e de xestión por parte de Correos en función do contido, valor e outros criterios que a alfándega aplica aos envíos. Entre eses gastos destacan os seguintes:

Gastos aduaneiros de importación segundo a lexislación vixente:
- Pagamento de dereitos arancelarios (imposto comunitario da Unión Europea) en función do contido do envío.
- Pagamento de impostos nacionais (IVE) ou locais (IXIC, AIEM, IPSI) segundo corresponda.
- Pagamento de impostos especiais: tabaco, alcohol,…

• Gastos de Correos por xestión e tratamento dos envíos:
- Tramitación do documento único administrativo (DUA) de Importación (Tarifa DUA Simplificado ou Tarifa DUA Ordinario).
- Tarifa por presentación á alfándega.
- Gastos derivados dos controis fronteirizos de seguridade, segundo a natureza do envío (sanidade, farmacia, veterinario, fitosanitario, CITES, SOIVRE, etc.).
- Calquera outro gasto derivado das xestións necesarias para a xestión aduaneira do envío.

-Gastos de almacenaxe.

• Para os obxectos adquiridos online ou nos envíos con mercadorías, é fundamental a presentación da factura comercial ou xustificante de pagamento por Internet.

• É responsabilidade do destinatario coñecer as condicións de importación do seu envío (prohibicións, restricións, limitacións, etc.) e informarse sobre os documentos que poden ser esixidos á súa chegada, como factura comercial, certificado de orixe, licenzas, autorizacións especiais para controis fronteirizos, etc.

• Correos pon á túa disposición unha serie de servizos que podes contratar para que sexa Correos quen realice os trámites de importación como o teu representante ante a alfándega sen te desprazares do teu domicilio.