Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO E USO DO SITIO WEB

O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web “www.correos.es”” que a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A. (en diante, Correos), con domicilio social en vía Dublín n.º 7 (Campo de las Naciones) 28070 Madrid (España), CIF número A83052407, e inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo16.665, libro 0, folio 20, sección 8, folla M-284323, Inscrición 1ª, (datos rexistrais do nome de dominio "correos.es": Inscrición 1/M na Folla, Sección, Folio, Libro e Tomo anteriormente indicados), pon a disposición dos usuarios de Internet.

Correos está habilitada para prestar servizos postais de conformidade co previsto na Lei 43/2010, do 30 de decembro dos dereitos dos usuarios e do mercado postal e para prestar servizos de telecomunicacións de conformidade coa Lei 32/2003, do 3 de novembro, xeral de telecomunicacións.

Para establecer unha comunicación directa e efectiva, consulte as páxinas de Atención ao Cliente.

Aceptación
 
O acceso ao sitio web www.correos.es  atribúe a condición de usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do usuario de todas e cada unha das condicións incluídas neste Aviso legal.
 
O contido do presente Aviso legal pode sufrir modificacións, polo que a súa aceptación por parte do usuario, será respecto da versión do Aviso legal publicado por Correos no momento no que o usuario acceda ao sitio web.
 
O uso de certos servizos ofrecidos a través do sitio web www.correos.es pode atoparse sometido a condicións particulares que, segundo os casos, substitúan, completen e/ou modifiquen o presente Aviso Legal. O acceso aos devanditos servizos implicará a aceptación das condicións particulares establecidas para estes. En consecuencia, o usuario deberá ler atentamente as condicións particulares de servizo cada vez que acceda a este.
 
O acceso ao sitio web www.correos.es atópase igualmente sometido a todos os avisos, condicións de uso e instrucións, postos en coñecemento do usuario por Correos que substitúan, completen e/ou modifiquen o presente Aviso Legal.
 
Subscrición de servizos
 
Con carácter xeral, o acceso ás utilidades do sitio web non esixe logo de subscrición ou rexistro de usuario. Non obstante o anterior, o acceso a algún dos servizos que se ofrezan a través do sitio web, pode estar condicionado a cubrir o formulario de subscrición. Para estes efectos o usuario garante a autenticidade e veracidade de todos aqueles datos que comunique ao cubrir o/os formulario/s de subscrición. O usuario comprométese e responsabilízase de manter toda a información facilitada de forma que responda, en cada momento, á súa situación real.

As tarifas recollidas no web no concepto "Dende" corresponden a tarifas sen impostos incluídos. 

 
Condicións de uso
 
O usuario comprométese a facer uso das utilidades e/ou servizos ofrecidos por Correos a través do sitio web www.correos.es de conformidade coa lei, este Aviso legal, as condicións particulares publicadas para certos servizos e demais avisos e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e as bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
 
Todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web e identifiquen a Correos, son propiedade desta Sociedade. Tamén, os dereitos de explotación de propiedade intelectual sobre os contidos do sitio web corresponden a Correos tal e como consta no “copyright”, polo que non poderán ser empregados polo usuario máis alá do que sexa imprescindible para o acceso ás utilidades e servizos fornecidos a través do sitio web, agás autorización expresa de Correos.
 
O usuario comprométese a non reproducir, copiar, distribuír, realizar actos de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos do sitio web, incluídos marcas, nomes comerciais ou signos distintivos, a menos que conte coa autorización do titular dos dereitos, nin a suprimir, manipular ou de calquera forma alterar o “copyright” e demais datos identificativos da reserva de dereitos.
 
O usuario debe absterse de obter ou intentar obter os contidos empregando para isto mecanismos distintos dos que, no seu caso, se puxeran á súa disposición ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet sempre que, estes últimos, non impliquen un risco de dano ou inutilización do sitio web e /ou os seus contidos.
 
Para acceder á información contida no sitio web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais.
 
A responsabilidade na determinación dos contidos e servizos aos que acceden os menores de idade corresponde ás persoas a cuxo cargo se encontran. Como a través de Internet é posible acceder a contidos que poden ser inapropiados para menores, infórmase os usuarios da existencia de programas informáticos que permiten limitar ou controlar os contidos aos que poden acceder os menores.
 
 
Utilización de Cookies
 
CORREOS infórmao de que durante a navegación polo Portal se utilizan "cookies", que son pequenos arquivos de datos que se xeran no ordenador do usuario e que permiten aos nosos sistemas recordar as características ou preferencias de navegación do usuario. Estas "cookies" asócianse unicamente co navegador dun ordenador determinado (un usuario anónimo) sen proporcionar ningún dato persoal do usuario. En ningún caso poden ler información almacenada no ordenador, servindo exclusivamente para fins internos, como a personalización da navegación e a xeración de estatísticas de acceso a este sitio web que nos permitan mellorar os servizos ofrecidos neste. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e decidir sobre a súa aceptación e impedir a instalación de cookies no seu disco duro, se é o caso. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.
 
Exclusión de responsabilidade e límite de garantías
 
Os datos, textos, informacións, pregos de condicións, gráficos ou vínculos publicados no sitio web www.correos.es son recompilados con efectos unicamente informativos para todas aquelas persoas interesadas nestes sen que o seu acceso xere relación comercial, contractual ou profesional entre os usuarios e Correos. En caso de discrepancia entre a información contida no sitio web e a contida en papel, valerá esta última. Advírtese ao usuario que, antes de realizar calquera acción derivada do contido do sitio web, verifique a información obtida poñéndose en contacto co departamento de Atención ao Cliente
 
O anterior con excepción daqueles servizos cuxa contratación se ofreza a través do sitio web e o seu acceso estea suxeito a condicións particulares publicadas por Correos e aceptadas polo usuario.
 
Correos exclúe, con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico, calquera responsabilidade por danos e prexuízos producidos ou que se poidan producir no futuro, por defectos técnicos, calquera que sexa a súa natureza, que se deriven do uso da información e das materias contidas na web. As ligazóns e hipertexto que, se é o caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control de Correos, polo que esta Sociedade non se fai responsable nin da información contida nestes nin de calquera efecto que se puidese derivar da devandita información.
 
Correos non se fai responsable do incumprimento de calquera norma aplicable na que poida incorrer o usuario no seu acceso ao sitio web e/ou uso das informacións contidas nesta. Tampouco se fai responsable do uso ilexítimo que terceiras persoas poidan facer dos nomes de marca, nomes de produto, marcas comerciais rexistradas ou non que, non sendo propiedade de Correos, aparezan no sitio web.
 
Correos non garante a continuidade do funcionamento e a dispoñibilidade do sitio web non obstante o cal, e na medida do posible, advertirá das interrupcións que coñeza con carácter previo a que concorran.
 
Correos non controla nin garante a ausencia de virus nin doutro elemento nos servizos prestados por terceiros aos que o usuario acceda a través do sitio web, que poidan producir fallo, ou alteracións no seu software ou hardware, documentos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.
 
 
Protección de datos de carácter persoal
 
A navegación a través da nosa páxina web non require o seu rexistro previo. Non obstante, cando vostede visita a nosa páxina web, os nosos servidores web almacenan, de forma estándar, información como o enderezo IP e o dominio dende o que se obtén o acceso, a data e a hora da visita, etc. Por outro lado, certas funcionalidades da nosa páxina web esixen que facilite información adicional a través do correspondente formulario (p. ex. O seu nome e apelidos, enderezo postal ou electrónico de contacto, teléfono...). Correos tratará os seus datos de carácter persoal conforme coas condicións publicadas na Política de privacidade Web e, se é o caso, á Política de Protección de datos que resulte aplicable aos distintos servizos solicitados.
 
 
Lexislación e xurisdición
 
A lexislación aplicable ao contido do sitio web será a española e a xurisdición, os Xulgados e Tribunais competentes en España.