Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Carta Urxente Certificada

Ideal para:

Internacional Certificado Nacional

Entregas que garanten a recepción baixo sinatura do destinatario ou persoa autorizada.

Realice o envío de documentos importantes: contratos, orzamentos asinados, etc.

  • Ámbito: Nacional (España y Andorra).
  • Peso: Ata 2 kg.
  • Prazos: 24 horas*.
Correos

Comercialízao

Os envíos circulan con carácter rexistrado e identificados individualmente mediante unha etiqueta con código de barras adherida no anverso.

Este produto garante:

  • Os envíos entréganse baixo sinatura no domicilio do destinatario. Se non se pode realizar a entrega, déixase un aviso na caixa de correo para recollelo na oficina indicada, onde permanece durante quince días en lista.
  • O cliente pode consultar gratuitamente o seguimento e control dos seus envíos utilizando o localizador de envíos da páxina web: www.correos.es.
  • Segundo cada necesidade, pode contratar unha serie de servizos adicionais.

Pódese incluír nos envíos certificados o carácter de URXENCIA. Este produto garante, ademais do anteriormente indicado, a máxima urxencia no tratamento dos envíos. 

Características físicas:

Dimensións máximas:

  • - Sobre ou caixa: Longo + alto + ancho = 90 cm, sen que a maior dimensión exceda de 60 cm.
  • - Rolo / tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 104 cm, sen que a maior dimensión exceda de 90 cm.

Dimensións mínimas:

- Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.

- Rolo/tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que a maior dimensión sexa inferior a 10 cm.

Os envíos con dimensións inferiores ás mínimas deberán levar unha etiqueta anexa de 10 x 7 cm na que figuren o enderezo e o franqueo.

Peso:

- Ata 2 kg.

 

Operativa Loxística para envíos certificados urxentes:

Consignar a palabra "CERTIFICADO URXENTE" (ou a etiqueta ao uso) no ángulo superior esquerdo do anverso do envío.

 

Garantías:

Por perda ou extravío do envío: 30 €.


Prazos de entrega:

24 horas (para correo depositado antes das 16.00 horas con orixe e destino a grandes poboacións).

*Prazo estimado no 90 % de envíos nacionais (Correos non indemniza polo incumprimento de prazo de entrega).

Se es empresa e queres que che fagamos unha oferta personalizada, solicita información.

Tamén che pode interesar...