Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Correos Sampling

Ideal para:

Bases de Datos Online Captura de Información

Correos Sampling permitirache deseñar unha estratexia de mercadotecnia baseada na emoción e xeración dunha experiencia.

A solución máis completa para xerar un impacto nos consumidores. Correos Sampling axúdate a darte a coñecer nun ecosistema dixital a través do envío dunha mostra do teu produto.

  • Ámbito: Nacional.
Correos

Comercialízao

Correos Sampling é o novo servizo de Correos que che permitirá comunicarte persoalmente con potenciais consumidores. Poderás publicar o teu proxecto na web www.correossampling.com, seleccionar os usuarios que se axustan máis ao teu público obxectivo sobre a base de cualificación declarada por parte do usuario sobre os seus gustos, preferencias ou hábitos de consumo e a súa situación xeográfica entre outras variables.

Ademais en Correos Sampling poderás manter fidelizados os teus clientes publicando os teus cupóns desconto. Publicaremos a promoción durante un tempo específico e co límite de descargas que decidas. Ti pos a oferta e nós o público.

Correos Sampling é un escaparate para a túa marca que incrementará a túa notoriedade e engagement ou fidelización dos teus clientes. Correossampling.com recibe multitude de visitas mensuais, enviamos notificacións aos usuarios cos novos proxectos, conta con multitude de comentarios en redes sociais e o máis importante, conta cun gran número de usuarios subscritos que posibilita que o teu negocio chegue a unha audiencia que antes non te coñecía ou ben permita que os teus consumidores coñezan os teus novos lanzamentos ou accedan a promocións especiais que incrementen as túas vendas.

Correos Sampling é unha canle na que os usuarios e as empresas están interconectadas, buscando a colaboración xa que as empresas poden recoller os comentarios antes e despois de lanzar os seus produtos, comunicar as súas novidades e facilitar promocións sempre de forma personalizada a usuarios que están interesados neses produtos. Actualmente, o consumidor modificou o seu comportamento pasando de ser un actor pasivo a ser proactivo. Se nun primeiro momento a través dos medios dixitais e sociais os consumidores facilitaban a súa opinión e se facían escoitar polas marcas, agora a mercadotecnia colaboradora sitúa o consumidor en actor principal. Por esta razón, en Correos propoñémosche un medio a través do cal os usuarios están dispostos a colaborar coas marcas para lograr que estas produzan ou melloren os seus produtos, e satisfagan plenamente os seus desexos.

Correos ofrece ás empresas unha solución 360, contando con todos os servizos dentro da cadea de valor, é dicir, unha segmentación adecuada, rexistros cualificados, embalaxes e materiais de soporte da comunicación, unha repartición eficiente e un retorno de información fiable.

Correos Sampling proponche dúas liñas para interactuar cos usuarios:

Lanza o teu proxecto dentro da web correossampling.com, este é o espazo para a marca, onde expoñer aos usuarios o produto e convidalos a probalo. Co fin de que poidas seleccionar mellor os usuarios, poderás definir ata catro preguntas que os usuarios interesados deberán contestar pero ademais dispoñerás de todas as variables de segmentación dispoñibles para seleccionar os usuarios aos que impactar coa mostra de produto.

Se o precisas nós poderemos axudarte tamén a realizar o picking e packing dos teus envíos.

Correos fará un seguimento dos envíos da campaña e da repercusión en redes sociais.

Poderás ademais realizar un enquisa poscampaña a aqueles usuarios que recibiron a mostra de produto que che permitirá recibir as súas opinións sobre aquelas cuestións que che parezan máis necesarias ou interesantes.

 

Publica o teu cupón desconto en Correossampling.com, xerando atracción de clientes ou primeira compra a través de ofertas moi apetecibles. Porque está demostrado que o desconto motiva a compra. Dependendo da túa actividade, o cliente non só coñecerá o teu servizo, senón que pode quedar abraiado por outro tipo de servizos que ofrezas e que non estean suxeitos a promoción. Por último, achega visibilidade de marca. Cando un usuario atende a un cupón que chamou a súa atención non só ten en consideración a compra, senón que moi probablemente comparte a información cos seus amigos. Polo tanto, existe unha viralidade que doutro xeito, non se produciría.

Se es empresa e queres que che fagamos unha oferta personalizada, solicita información.
Correos Sampling
Tamén che pode interesar...