Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Crea a túa Tenda Online

Ideal para:

Flexible Nacional&Internacional Online

Crea a túa tenda online gratis

Coa solución eCommerce de Correos, poderás crear a túa tenda online pola túa conta ou coa axuda dun deseñador profesional, que deixará a túa tenda lista para vender. Venda online ao alcance de pemes, autónomos e emprendedores

  • Ámbito: Venta de productos en Internet tanto a nivel nacional como internacional.
  • Tarifa: Elixe entre os nosos plans: Free, Basic e Premium. O servizo de deseño e posta en marcha da túa tenda online é un servizo adicional a calquera plan.
Correos

Comercialízao

Queres vender en Internet?

Con Correos podes crear a túa propia tenda online ou, se o prefires, os deseñadores profesionais de Comandia pódena crear por ti. Ademais, axudámosche a que non teñas dificultade en realizar as túas vendas e que o teu negocio estea en continuo crecemento.

 

Crea a túa propia tenda online

Se dispós do tempo e coñecementos necesarios para crear a túa tenda online, podes facelo con Correos.

Poderás elixir calquera dos nosos modelos con código aberto e terás todas as funcionalidades eCommerce e as mellores ferramentas de márketing.

Crea a túa tenda online agora >

 

 

Servizo de deseño e posta en marcha da túa tenda online

Crear a túa tenda co servizo de posta en marcha é aínda máis sinxelo: un equipo de profesionais deseña e pon en marcha a túa tenda online, nun único pagamento, para que ti só teñas que dedicarte a vender

O noso equipo de deseñadores profesionais axudarache no deseño e posta en marcha da túa tenda online creada con Comandia. O noso equipo asesorarate sobre a base das necesidades do teu público obxectivo, realizando un deseño personalizado para o teu negocio e deixando a túa tenda lista para vender en Internet.

Terás axuda en todo momento: co deseño, a usabilidade, as configuracións —como os medios de pagamento, idiomas, moedas ou loxística— e o Márketing Online.

Co noso servizo de deseño e posta en marcha da túa tenda online esqueces as preocupacións e dedícaste a vender, porque do demais nos encargamos nós.

Cóntanos a túa idea de eCommerce e farémola realidade >

 

E para vender máis:

  • Vende en Marketplaces: publica os teus produtos en máis de 50 Marketplaces nacionais e internacionais como Amazon, eBay, Privalia... e xestiona todos os teus pedidos de forma centralizada. Poderás exportar o teu catálogo a todo o mundo.
  • O escaparate eCommerce de Correos: publicación gratuíta dos teus produtos nun escaparate con máis de 3 millóns de clientes potenciais. Incrementará o tráfico da túa tenda online e as túas vendas. Exclusivo para clientes do servizo de deseño e posta en marcha ou que teñan integrada a paquetería de Correos.
  • Aprende: Na sección Aprende de Comandia, poderás apuntarte a webinars, vídeos titoriais ou mesmo a un curso de comercio electrónico gratuíto para aprender todos os detalles do proceso de venda en Internet. Axudámosche a que o teu negocio sexa un éxito!

Correos preséntache unha solución eCommerce para pemes, autónomos e emprendedores que queren empezar a vender en Internet de forma sinxela sen ter coñecementos técnicos.

Crea a túa tenda online

  • Ferramenta sinxela para crear, vender e xestionar a túa propia tenda online.
  • Responsive: que permite realizar compras dende calquera dispositivo: ordenador, tableta ou móbil. 
  • Cun dominio propio.
  • Con varios idiomas e que se adapta á moeda de cada país.
  • Optimización SEO: para que os teus potenciais clientes te encontren doadamente en Internet.
  • Coa loxística de Correos integrada: tramitación de documentación aduaneira, impresión sinxela de etiquetas, envío de pedidos sen pasar por oficina, xestión de devolucións... e descontos especiais en paquetería.
  • Atención vía teléfono, correo electrónico, chat e redes sociais.

 

Servizo de deseño e posta en marcha da túa tenda online

  • Un equipo de deseñadores profesionais deseña e pon en marcha a tenda online por ti.
  • Asesórate en temas de usabilidade para que poidas sacar o máximo partido ao teu eCommerce.
  • Deixa a tenda online lista para que comeces a vender.
  • Realiza un deseño que axude a unha compra sinxela e intuitiva.
  • Coñece a túa historia e filosofía de empresa, plasmando e coidando a imaxe da túa tenda.
  • Configura os medios de pagamento, os transportistas, as redes sociais, etc.
  • Incorpora os teus produtos ao escaparate eCommerce de Correos para aumentar a súa visibilidade e atraer máis visitas á túa tenda online.
  • A nosa filosofía é: “Ti cóntanos a túa idea e nós facémola realidade!”.

 

Crea a túa tenda online

Existen diferentes plans para que elixas o que mellor se adapte ao teu negocio:

  • Free, para comezar a vender en Internet sen ningún custo.
  • Basic, para gozar de máis funcionalidades, como ter un dominio propio ou a xestión aduaneira.
  • Premium, para gozar de todas as vantaxes que ofrece Comandia, como poder vender os teus produtos en calquera país.

Todos os plans se poden pagar de forma anual ou mensual, sen compromiso de permanencia. Tamén podes beneficiarte de descontos exclusivos en paquetería de Correos. Crea a túa tenda online gratis con Comandia!

 

Servizo de deseño e posta en marcha da túa tenda online

O prezo do servizo de deseño é de 450 €. É un pagamento único que se aboa no momento da súa contratación a través da pasarela de pagamento de Paypal e sen ningún custo adicional para ti.

Este servizo é adicional aos plans Comandia e podes adquirilo antes ou despois da túa activación de plan.

 

Tamén che pode interesar...