Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paq Estándar

Ideal para:

Paquetería Nacional

Por que pagar máis cando non necesitas chegar antes.

A máis alta calidade de servizo a un prezo moi axustado.

  • Ámbito: Nacional, Andorra y Portugal peninsular.
  • Dimensións: Longo + alto + ancho = 210 cm.
  • Peso: Máximo 30 kg.
  • Prazos: 48-72 horas, dependendo da orixe-destino.
Correos ExpressCorreos

Comercialízao

Envío de paquetería non urxente coa máxima eficiencia e calidade ao mellor prezo do mercado.

Debido á capilaridade da nosa rede, os envíos poderán ser entregados a Domicilio, Oficinas Correos e os Terminais Automatizados Citypaq.

Inclúe notificacións SMS e/ou correo electrónico ao destinatario.

Coa posibilidade de solicitar a xestión de incidencias e retorno de información.

Aforra tempo na oficina e prepara os envíos dende o ordenador en só catro pasos:

Enviar Online Paq Estándar:

1. Describe os teus envíos.

2. Dá de alta o conxunto de destinatarios aos que queres facer chegar os paquetes e indica se desexas incluír algún servizo engadido.

3. Paga directamente o envío a través de Internet mediante tarxeta bancaria ou PayPal ou indica se desexas pagalo nunha oficina de Correos. Tamén podes aboalo mediante un contrato con Correos ou enviando o paquete nun sobre prepagado.

4. Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e a súa relación (se as houber), necesarios para o seu depósito na oficina. 

En caso de teres calquera dúbida acerca do funcionamento deste servizo, ponte en contacto con Atención ao Cliente de Correos  ou visita a túa oficina de Correos máis próxima.

 

Modalidades de entrega:

A entrega realízase baixo sinatura e en prazo garantido. Dispón de 4 modalidades de entrega diferenciadas:

  • Entrega en Domicilio: consta de 2 intentos de entrega e 15 días de permanencia na Oficina de Referencia. Modalidade dispoñible para clientes Particulares e con Contrato. *Única modalidade de entrega para envíos con destino Portugal peninsular.
  • Entrega en Oficina Elixida: o envío é dirixido á oficina elixida polo cliente, dentro das que dispoñen do servizo de punto de entrega de paquetería, onde o destinatario contará con 15 días para recollelo. Informarase o destinatario, mediante SMS e/ou correo electrónico, de que ten á súa disposición un envío na oficina, ademais, enviaranse mensaxes de recordatorio de non se producir a recollida.
  • Entrega en Oficina de Referencia: Entrega na oficina de Correos máis próxima ao domicilio indicado, onde o destinatario dispoñerá de 15 días para recollelo.  Informarase o destinatario mediante SMS ou correo electrónico e terá 2 avisos de chegada (o segundo aos 5 días).
  • Entrega en Citypaq: O servizo de Correos consiste nunha Rede de Terminais Automatizados de paquetaría situados tanto en lugares públicos, coma nas comunidades de veciños. Permite aos usuarios a recepción e o envío de paquetes de forma cómoda e segura, as 24 horas do día, todos os días do ano.

Envío Monovulto:

Peso do Vulto:

  • Peso real máximo: ata 30 kg.

Peso Volumétrico: Para aqueles envíos nos que non teña relación o peso co tamaño, aplicarase o criterio peso/volume entre (167 kg/m³). Procederase a verificar esta relación no momento da admisión, seguindo a seguinte fórmula: longo x alto x ancho expresado en cm/6.000.

 

Dimensións:

Medidas:

  • Caixa: Máximas L + A + A = 210 cm, sen que a maior exceda de 120 cm.Mínimas: 15 x 10 cm.
  • Rolo ou Tubo: Máximas L = 120 cm, D = 30 cm. Mínimas: As dimensións que permitan adherir unha etiqueta de 10 x 14,5 cm.

 

Dimensións extra:

1. Para os produtos Paq Premium e Paq Estándar con destino nacional ou Portugal, as dimensións máximas permitidas actualmente en cada envío son: 

  • Unha das medidas non pode exceder de 120 cm.
  • A suma total de ancho + longo + alto non pode exceder de 210 cm. 

2. Para cada unha desas dimensións máximas permitidas, definíronse dous niveis de máximos permitidos, que son: 

  • Máximo Estándar (a limitación actual).
  • Máximo Extra (superior á limitación actual).

 

Niveis

Parámetros de dimensións máximas permitidas

Estándar

Extra

Unha das medidas non pode exceder de

120 cm

170 cm

A suma total de ancho + longo + alto non pode exceder de

210 cm

270 cm

 

3. O superar as medidas estándar supoñerá un sobrecusto do envío nas porcentaxes que explicamos no seguinte cadro:

 

Descrición

Sobrecusto

Sen dimensión extra

0 %

Unha dimensión extra por “unha das medidas excede o máximo estándar”

35 %

Unha dimensión extra por “Ancho + Longo + Alto excede do máximo estándar”

35 %

Dúas dimensións extra (todas)

70 %

 

Garantías: Por demora imputable a Correos, devolvémosche a tarifa aboada.

 

Podes consultar as  tarifas xerais vixentes ou facer a túa consulta neste calculador de tarifas:
Seleccione producto


Correos lanza su nuevo producto de paqueteria, Paq Estándar ofrece una solucion global a sus clientes.



Características do produto

Peso (gr.)
 Introduza o peso do seu envío.

Longo (cm.)
Ancho (cm.)
Alto (cm.)
 Aos envíos voluminosos aplicaráselles o criterio peso/volume segundo a fórmula: longo x ancho x alto (en centímetros) / 6.000.
Tipo de entrega
 Tipo de entrega
Origen
 Seleccione el origen
Ámbito
 Destinos aplicados a la zona seleccionada
Servizos Adicionais

Entrega exclusiva ao destinatario
Entrega do envío exclusivamente ao destinatario designado polo remitente
P.E.E.
Prueba de entrega electrónica
Reembolso (Abono en cuenta)
Se cobrará sobre el valor del reembolso el porcentaje del 2,75% con un mínimo de 2,5 €
Valor Declarado Paquetería
Se podrá asegurar un envío por un máximo de 6.000 €. Se cobrará sobre el valor asegurado el porcentaje del 1,50% con un mínimo de 1,67 €
Cálculo da tarifa

Orixe de admisión 
Cantidade

Paq Estándar
Tamén che pode interesar...