Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Telegrama Online

Non dispoñible

Ideal para:

Nacional/Internacional Certificado

Mensaxes dende o seu ordenador ao destinatario, con plena validez legal.

Envíos urxentes de mensaxes con entrega (baixo sinatura do destinatario) cursada por medios electrónicos dende orixe ata o centro de distribución de destino, con posibilidade de certificar fidedignamente tanto a súa entrega coma o seu contido.

  • Ámbito: Nacional (España y Andorra) e Internacional.
  • Prazos: 24 h en localidades con unidade de entrega urxente (só en ámbito Nacional).
Correos

Comercialízao

Dende calquera sitio, en todo momento e ao lugar que queira, envíe as súas mensaxes urxentes con constancia asinada da súa entrega e plena validez legal.

O servizo Telegrama posibilita o envío urxente de mensaxes con entrega rexistrada (baixo sinatura do destinatario), cursadas por medios electrónicos dende orixe ata o centro de distribución de destino, con posibilidade de certificar fidedignamente tanto a súa entrega coma o seu contido.

Réxime continental: Comprende os países de Europa, Turquía, Alxeria, Exipto, Israel, Xordania, Líbano, Libia, Marrocos, Siria e Tunes. 

Réxime Intercontinental: Resto de países.

Envíe telegramas sen moverse do ordenador, en tres sinxelos pasos:

  1. Prepare o contido do seu telegrama: pode seleccionar un telegrama estándar entre as categorías que lle ofrecemos ou personalizar o texto do seu telegrama.
  2. Seleccione os destinatarios: familiares, amigos, listas de clientes (cargando un ficheiro) e o tipo de aviso que quere recibir tras a entrega.
  3. Pague con tarxeta de crédito, débito ou PayPal.

Prazos de entrega:

Nacional:

  • Se o envío ten como destino o territorio nacional, o prazo de entrega será no mesmo día hábil*.

  • O resto dos envíos entregaranse na mañá do seguinte día hábil.

Internacional:

  • Servizos adicionais (dependerán do país de destino):

 

* Se o proceso de admisión online se completou antes das 12.45 h e o seu destino son localidades con Unidades de Repartición Especial.

A entrega realízase:

  • No domicilio do destinatario.

  • En oficinas de Correos.

  • Apartado de Correos.

 

Outras características:

  • O telegrama é unha transmisión segura e inmediata.

  • Ten valor de proba ante xuíces e tribunais.

  • Podes solicitar unha copia certificada como proba legal fronte a terceiros.

Opcións de pagamento:

  • Pagamento con tarxeta (crédito ou débito) e PayPal ou con cargo a contrato.

Garantía: Por demora imputable a Correos, devólvese a tarifa correspondente ao Telegrama sen incluír os valores engadidos.

Área de descargas

Se es empresa e queres que che fagamos unha oferta personalizada, solicita información.
Tamén che pode interesar...